![]() |
|
ANO: 1992
Autor: Fermín Bouza Brey
BIOGRAFÍA: Naceu en Ponteareas en1901.Pasa a sua infancia en Vilagarcía de Arousa,e cursa a maior parte do bacharelato en Pontevedra.Logo trasládase a Compostela,onde comenza os estudioss de Filosofía e Letras(Historia),que reanudará máis tarde,licenciándose en 1931,e os de Dereito,que remata en 1924.En Compostela entra en contacto co galeguismo e comenza aunha actividade literaria e de investigación;participa na creación do Seminario de Estudos Galegos,colabora en "Nós" e "A Nosa Terra". Como xuíz traballa en Lleida,A Estrada,Pontevedra e Oviedo. Co levantamento militar do 36,foi afastado do seu posto de xuíz,pero conseguiu ser rehabilitado dous anos despóis.Desde o Instituto de Estudios Gallegos P.Sarmiento,creado en 1944,intenta recupera-los restos do Seminario de Estudos Galegos,dirixindo a sección de Arqueoloxía e Prehistoria. Despois de ser cesado en 1952 por escuros motivos,poida que de carácter político,ingresa no Colexio de Avogados de Compostela en 1955;nese mesmo ano empézase a crear certo distanciamento arredor da sua figura,e empeza a pasar apuros económicos e certa soedade intelectual,unicamente acompañada por Otero Pedrayo e os mozos das novas xeracións literarias (Manuel María.,Ferrín...).Morre en 1973 en Compostela. |
|
BIOBIBLIOGRAFÍA:
DO
AUTOR:
|
SOBRE O AUTOR:
|
Voltar á Páxina Principal de Autores.