e



CENTRO DE RECURSOS CULTURAIS

 

O CENTRO DE RECURSOS CULTURAIS pretende ser un sistema virtual de apoio ás bibliotecas membros da ABG no tocante á Extensión Cultural, é decir, pretende facilita-la divulgación de todo tipo de actos culturais que se leven a cabo en Galicia, preferentemente para divulga-la obra de autores noveles. Neste centro serán promocionadas actividades como exposicións pictóricas, cerámica, artesanía, etc...

Así tódalas bibliotecas que estén asociadas a ABG (Asociación Bibliotecaria Galega), e desexe organizar unha actividade cultural na súa biblioteca, tanto se xa a ten preparada e se necesita de apoio de algún tipo da asociación (recursos humanos ou recursos materiais), ou si pretende organizar unha actividade, e que a ABG se encarge de buscarlle ou facilitarlle o acto cultural que desexa levar a cabo na súa biblioteca, chegou á páxina adecuada.

A continuación, ten dous enlaces para elexir entre as dúas opcións explicadas anteriormente, non ten máis que cubri-lo cuestionario que lle vai a aparecer e envia-lo, e nos estudiaremos a súa proposta e intentaremos facer todo o posible para levala a cabo.

NOTA : Para facer unha proposta dunha actividade cultura, a biblioteca en cuestión debe cumprir os seguintes requisitos:
  • Ser socio da ABG.
  • Ter firmado o convenio de colaboración ABG-SPID.
  • Se desexa solicitar algún tipo de acto cultural, debe estar disposta a compartir outros actos culturais coa asociación ABG.