e



CENTRO DE RECURSOS MATERIAIS



  O CENTRO DE RECURSOS MATERIAIS pretende ser un centro virtual de apoio ás bibliotecas de Galicia no tocante ós materiais necesarios para as mesmas. Nesta sección o que se pretende, é que entre tódalas bibliotecas de Galicia asociadas á ABG (Asociación Bibliotecaria Galega) compartan os recursos materiais dos que dispoñen, así como intentar acadar o material necesario para o bo funcionamento das bibliotecas en todas aquelas nas que non se dispoña do mínimo necesario para un bo funcionamento.

A continuación, temos dous formularios para cubrir para aquelas bibliotecas que sexan membros da ABG: nun deles, temos a opción de solicitar aquel material que nos faga falta para unha actividade temporal; no outro cuestionario, temos a opción de poñer a disposición da asociación de aquel material do que dispoñemos e podemos compartir con outras bibliotecas, membros da asociación, para un acto determinado.

NOTA : Tanto para compartir como para solicita-lo material do que dispón a ABG, é necesario cumprir os seguintes 3 requisitos:
  • Ser socio da ABG.
  • Ter firmado o convenio de colaboración ABG-SPID.
  • Se se desexa solicitar material, a biblioteca en cuestión debe estar disposta a compartir o seu material cando sexa necesario.