e

 

Obxetivos

 

  O principal Obxetivo do ABG e de este WEB ABG-SPID é a difusión universal da cultura Galega, para acadalo, temos que intentar obter, e nos propoñemos con todas as nosas forzas o facelo, os seguintes obxetivos.
   
 
  • Temos que acadar unha Bibliografía Nacional que estea dispoñible ON-LINE. Nun principio será un catálogo colectivo con localizacións.
  • Necesitamos conquerir unha difusión do fondo local de cada Biblioteca.
  • Ter sempre actualizada unha Bio-bibliografía sobre Autores Galegos.
  • Rentabilizar o máximo o traballo individual ó poder "construir" entre todos, o que non sería posível individualmente, e ó poñer a disposición de todo o sistema o elaborado por cada (e por todas) as Bibliotecas.
  • Posibilitar a implantación do carné de Lector Galego.
  • Poñer en marcha un Centro de Recursos Culturais que facilite o traballo de cada Biblioteca en cuestións de Extensión Cultural, e que facilite a difusión da obra de autores nóveles (Oferta de Exposicións pictóricas, artesanía, cerámica, etc...).
  • Creación dun Centro de Recursos Materiais, donde cada Biblioteca pon a disposición (e demanda) do resto do Sistema os medios cos que conta.

Con todo, estas son unhas pautas de actuación, uns obxetivos iniciais, e non por elo fáciles de acadar, pero a súa consecución será un paso adiante moi importante cara a unha universalización da cultura galega, e poder así propoñernos novos obxetivos co fin de mellorar cada día un pouco máis.