![]() |
e | ![]() |
Servicio galego de Préstamo a Domicilio
![]()
| Estamos ante un dos retos máis importantes que intenta acadar a ABG (Asociación
Bibliotecaria Galega) , este reto consiste nun sistema de préstamo global a domicilio, e
ten como finalidade que o usuario das bibliotecas galegas teña un único Carnet de Lector
para o acceso a tódalas bibliotecas da nosa terra. O que supón un enorme traballo ó ter
que facer unha única base de datos de tódalas bibliotecas coas suas obras
correspondentes e ter catalogados os diferentes lectores para o acceso á base de datos e
cos seus permisos correspondentes (un código de barras que funcionaría como clave). Esto dará opción o Lector que dispoña do seu Carné coa súa clave a consulta de calquera biblioteca, tendo servicios varios como a reserva e busca de libros por Internet, a renovación dos libros en préstamo, busqueda dun exemplar concreto en tódalas bibliotecas conectadas ó Sistema Galego de Prestamo a Domicilio, comunicación cos diferentes bibliotecarios para realizar consultas, acceso o estado actual da súa conta como lector (libros que ten, días de préstamo que lle quedan, libros en reserva, etc...) ademáis de outros moitos datos que poderían consultar. O sistema estase a poñer en marcha coa participación das bibliotecas asociadas a ABG e coa colaboración de todos vamos a intentar que esto se converta nunha realidade o máis axiña posible e que se unan a nos a totalidade das bibliotecas galegas. Para introduci-lo seu código de lector pinche a
continuación, recorde que é
unha zona restrinxida, se lle pedirá unha clave de acceso.
Se non pode acceder, intente voltar a introduci-lo código, se non pode, póñase en
contacto co supervisor da web ABG-SPID. |
![]()