![]() |
e | ![]() |
XESBIB
![]()
| ¿Qué é XESBIB? XESBIB é un sinxelo e
funcional programa desenrolado polo Departamento
de Programación de SPID, S.L. que
regalou a Asociación Bibliotecaria Galega
para a xestión das bibliotecas. E un
programa nado no ano 1986 e preparado para funcionar
en equipos con moi poucos requisitos técnicos,
funciona a perfección nun PC compatible da serie XT con
512 Kb de memoria RAM baixo o sistema operativo DOS. E un
programa moi sinxelo de manexar (non se
presisan prácticamente coñecementos de informática
para o seu uso). Está sendo empregado por máis
de 325 bibliotecas, ainda que co paso do tempo
xa está moi superado en canto a presentación gráfica e
a utilidades, pero non por elo deixa de ser válido,
recordemos que este programa ten máis de 12 anos e non
foi actualizado dende a sua creación e tampouco vai a
ser modificado nin actualizado, xa que o seu código
fonte foi destruido para evita-la sua comercialización,
así que SPID, S.L. non se vai a responsabilizar do seu
mantemento nin actualización, aínda que siga sendo
perfectamente válido para a xestión de bibliotecas. Nun primeiro momento estaba pensado para bibliotecas de carácter escolar, pero que funciona tamén en todo tipo de bibliotecas, informa mediante un listado dos catálogos sin empregar fichas. Ademáis e un programa totalmente gratuito (Freeware)
e sin evolución, que podedes baixar dende esta misma
páxina. Se o queres baixar non ten máis que seleccionar
o seguinte punto.
|
![]()