Artículo: ESTATUTOS
I. Xeneralidades
ARTIGO 1
A ASOCIACIÓN BIBLIOTECA GALEGA (A.B.G.), é unha agrupación de bibliotecarios e documentalistas, con personalidade xurídica propia e capacidade plena para actuar cara ao cumprimento dos seus obxectivos e funcións, no ámbito da nosa Nación
ARTIGO 2
Son principios esenciais da súa existencia a igualdade de todos os socios, a elección democrática dos órganos de goberno, e adopcións de acordos por maioría e a libre actividade dentro dos marcos da lexislación vixente.
ARTIGO 3
O domicilio social da Asociación radica en Avda. da solana, 6-B. Sta. Icia. Narón, con carácter provisional. Poden-se establecer outras Sedes, Delegacións, ou domicilios, de acorda coas necesidades da Asociación.
ARTIGO 4
A Asociación Bibliotecaria Galega (A.B.G.), poderá establecer diversas formas de reunión con outras Entidades similares, desde a cooperación e coordinación, ata formas de Federación ou Confederación, se os intereses da Asociación o aconsellarán.
ARTIGO 5
O idioma oficial da Asociación Bibliotecaria Galega (A.B.G.), é o Galego, atendendo a criterios de coherencia, coa natureza da mesma Asociación.
II. OBXETIVOS E FUNCIONS
ARTIGO 6
Son obxectivos básicos da Asociación:
1. Instrumentar a defensa dos intereses dos asociados.
2. Potenciar o desenvolvemento profesional dos mesmos.
3. Axudar ao recoñecemento social da Profesión.
4. Representar aos intereses dos asociados e da profesión, particularmente nas súas relacións coas Administracións.
5. Defender e salvagardar os Patrimonios contidos nos Centros Bibliotecarios.
6. Colaborar na mellora e creación de novos Centros Bibliotecarios.
7. Outros obxectivos inherentes calesquera a unha asociación profesional, que axuden á mellora da situación dos membros e da profesión.
ARTIGO 7
Para o cumprimento destes obxectivos, a Asociación exercerá entre outras as seguintes funcións:
1. Fomentar a participación real de todos os asociados na vida da Asociación, artellando as canles orgánicas para o facer posíbel.
2. Colaborar na relación profesional e humana entre eles.
3. Participar nos Órganos Técnicos E Consultivos, existentes ou a criar, relacionados co mundo bibliotecarios, tanto a proposta das Administracións como por iniciativas propias.
4. Exercer a representación e defensa da profesión diante das diversas Administración, Institucións, Tribunais, Entidades e Particulares, con litiximación para ser parte en todos aqueles litixios que afecten aos intereses profesionais, así como exercer o dereito da petición de acordo coa lei, e propor aquelas reformas legais ou administrativas que considere xustas para a defensa da profesión.
5. Promover o desenvolvemento profesional mediante actividades técnicas, científicas e culturais.
6. Artellar actividades e servicios comúns, de caracter profesional, cultural, asistencial, de asesoramento, información, previsión e análise, segundo os intereses dos asociados.
7. Promover a investigación e a aplicación das novas técnicas e tecnoloxías vencelladas á profesión.
8. Informar aos asociados sobre todas as resolucións legais, administrativas ou de outro tipo que fagan referencia a profesión.
9. Elaborar todos os estudios, informes e outras actividades que teñan interese para o sector.
10. Todas aquelas outras funcións que conveñan a mellor defensa ou desenvolvemento da profesión.
ARTIGO 8
Para o desempeño destas funcións, a Asociación criará os medios orgánicos e materiais necesarios, entre eles:
1. Un servicio de asesoramento técnico-profesional.
2. Un servicio de asesoramento legal e administrativo directamente ou a través de empresas especializadas.
3. Un servicio de información e bibliografía.
4. Un servicio de formación e actualización profesional permanente.
5. Grupos de traballo específicos.
6. Organismos e Delegacións Territoriais, e de Ramas dentro da profesión, que terán autonomía no seu ámbito.
7. Criaranse un boletín, follas informativas ou outros elementos periódicos de información e divulgación.
8. Tenderase á creación dunha Biblioteca Profesional ao servicio dos asociados, así como serán habilitados canles e formas de intercambio de documentación e información.
9. Defenderase a participación de representantes da Asociación en Organismos Técnicos relacionados coa profesión, así como en Tribunais que decidan ingreso, promoción ou cambios de situación na profesión.
III. DOS ASOCIADOS
ARTIGO 9
Poderán integrarase na A.B.G. como socios numerarios todas aquelas persoas vencelladas á actividade bibliotecaria e documentalista no ámbito galego...
ARTIGO 10
O ingreso, farase previo informe de curriculum profesional, diante da Xunta Directiva, que cursará trámite ata a súa ratificación por Asemblea.
ARTIGO 11
Adquerirase todos os dereitos e obrigacións plenos no momento de ser aprobado o ingreso pola Asemblea Xeral, e sendo abonada a cuota social.
ARTIGO 12
No caso de denegarse o ingreso, deberanse comunicar as razóns por escrito ao aspirante. Este poderá presentar de novo a súa petición diante da Xunta Directiva.
As cousas de denegación poderán ser, entre outras, a carencia de curriculum que o vincule coa profesión, non ter abonada a cuota, ou conductas non axeitadas cos obxectivos da Asociación.
ARTIGO 14
Ademais dos socios persoais numerarios, poderán existir socios institucionais, ou de honra. No caso dos institucionais, seguiranse, globalmente, as condicións anteriores.
ARTIGO 15
Poderán ser nomeados socios de honra aquelas persoas que teñan acreditadas actuacións a favor do libro, da lectura e das bibliotecas. As candidaturas poderán presentarase diante da Xunta Directiva cun informe que recolla as condicións da persoa que se considere como posible socio de honra. A iniciativa partirá da propia Directiva, de dez socios ou de igual número de persoas ou Institucións alleas a Asociación. A condición de socio de honra aprobarase en Asemblea Xeral.
IV. DEREITOS E DEBERES DOS ASOCIADOS
ARTIGO 16.
Son dereitos dos asociados:
1. Ser asistidos pola Asociación diante de terceiros en cuestións relacionadas coa profesión ou situación laboral.
2. Ser representados pola Xunta Directiva e outros cargos de responsabilidade.
3. Participar con voz e con voto nas cuestións debatidas pola Asociación.
4. Elixir e ser elixidos para as responsabilidades da Asociación.
5. Intervir en todos os aspectos da vida asociativa.
6. Formar parte das comisións e grupos de traballo.
7. Estar informado pola Asociación dos asuntos de interese.
8. Utilizar os servicios, medios, e instalacións da Asociación.
9. Presentar diante dos órganos asociativos seuxerencias, peticións ou queixas.
10. Representar á Asociación por delegación dos órganos directivos nos eventos nos que interveña a Asociación.
ARTIGO 17
No caso dos socios institucionais e de honra, terán voz máis non voto nas distintas instancias da Asociación, non podendo ser electos nen elixir cargos directivos, aunque si para comisións ou grupos de traballo.
Poderán presentar nas diversas instancias asuntos a debater no seo da Asociación.
ARTIGO 18
Son deberes dos socios:
1. Exercer a súa profesión con comportamento ético.
2. Cumprir e facer cumprir estes Estatutos, así como os acordos dos Órganos da Asociación.
3. Notificar os cambios de domicilio, situación profesional e outros que interesen á Asociación.
4. Abonar as cuotas e outras apartacións regulamentarias.
5. Apoiar co seu traballo as tarefas asociativas.
6. Ocupar dignamente os cargos para os que foron electos.
7. Participar activamente na vida da Asociación, asistir ás xuntanzas dos órganos, comisións e grupos de traballos.
8. Non perxudica os dereitos de outros asociados.
9. Informar de calesquera situacións negativas para a Asociación ou para a profesión.
10. Representar á Asociación diante de terceiros, se así lle fose requirido.
ARTIGO 19
As cuotas dos socios numerarios, institucionais e de honra fixaranse nas asembleas xerais ou locais.
ARTIGO 20
A cotización de socio pódese perder por:
1. Renuncia por escrito.
2. Expulsión pro faltas graves.
3. Falta do pago das cuotas.
4. Incluplimento dos Estatutos ou dos obxectivos da Asociación. En todos os casos a derradeira decisión tomarase pola Asemblea Xeral.
V. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA
ARTIGO 21
Os órganos directivos da Asociación serán:
1. A Asemblea Xeral de socios
2. A Xunta Directiva da asociación.
3. As Asembleas Locais.
4. Delegacións Territoriais.
ARTIGO 22
A asemblea Xeral reuniranse cando menos dúas veces ao ano en forma ordinaria, nos primeiro e derradeiro trimestres. Poderá xuntarse en forma extraordinaria cando existan asuntos que o requiran.
ARTIGO 24
Na primeira asemblea ordinaria incluirase o exame das contas do exercicio anterior, mentres na segunda tratarase o presuposto do seguinte ano.
ARTIGO 25
As convocatorias ordinarias cursaranas o secretario da Asociación cando menos cun mes de antelación á data da súa celebración. Convocaranas a Xunta Directiva, as Xuntas Locais ou o dez por cento dos socios (10%).
ARTIGO 26
As convocatorias extraordinarias convocaranse por escrito, cando menos, con oito (8) días de antelación, coa mesma iniciativa do artigo anterior.
ARTIGO 27
Os asuntos a tratar na orde do día poderán ampliarse coas sinaturas de polo menos dez socios. As propostas terán que chegar á sede social, como máximo dez días (10) antes da data de celebración da asemblea ordinaria, e vintecatro horas (24) da extraordinaria.
ARTIGO 28
Para que as asembleas xerais sexan válidas terán que contar coa presencia, ou voto delegado, da metade mais un dos socios en primeira convocatoria e coa metade mais un do número asistentes na segunda.
ARTIGO 29
Poderán reunirse previamente ás Asembleas Locais, para debater os mesmos puntos da orde do día, enviando un o mais delegados coas resolucións acabadas, que constarán en acta asinada polos asistentes, acompañadas pola fotocopia dos respectivos documentos de identidade.
ARTIGO 30
Asimesmo, os asociados poderán delegar o seu voto en calquera outro socio individual, acompañados por un escrito e fotocopia do D.N.I. que así o acrediten.
ARTIGO 31
Salvo casos excepcionais, a Asemblea Xeral poderá delegar nas Asambleas Locais, xuntando-se logo os Delegados enviados polas mesmas, portando os votos delegados, para tomar as resolucións finais, nunha asamblea xeral de delegados.
ARTIGO 32
As Asambleas Xerais e Locais presidira-nas respectivamente o Presidente da Asociación ou quen o sustitua e os Delegados Locais. No caso da ausencia dos titulares, a propia Asamblea elexirá aos sustitutos. Nomeara-se un Secretario de Actas, no caso que non exerza esta tarefa o Secretraio da Asociación.
ARTIGO 33
Atribucións da Asamblea Xeral:
1. Aprobar os Estatutos e as modificacións aos mesmos.
2. Aprobar os presupostos e os balanzos das contas.
3. Aprobar as actividades da Asociación, e o blance das mesmas.
4. Distribuír os gastos e fixar os ingresos, incluída a cuota social.
5. Aprobar as altas e baixas dos socios.
6. Designar aos socios de Honra.
7. Decidir sobre os puntos da Orde do día.
8. Aprobar a creación das Delegacións e outros Órganos, Comisións e Grupos de Traballo.
9. Elexir, cando corresponda aos cargos Directivos de Asociación.
10. As Asambleas extraordinarias, ademais dos puntos (1), (2), (9), corresponderá a resolución de disolución da Asociación, exclusivamente.
ARTIGO 34
Os acordos das Asambleas terán validez coa maioría simple dos votos emitidos persoalmente, por correo ou delegación.
ARTIGO 35
Poderán crear-se Delegacións Locais (Provinciais ou Comarcais) cando existan nun entorno próximo un número de asociados, que así o soliciten á Xunta Directiva. A concesión ratificara-a a Asamblea Xeral.
ARTIGO 36
O Órgano Executivo da Asociación entre Asambleas Xerais, será a Xunta Directiva. Constituira-na un Presidente/a, un/ha Vice-Presidente/a, un/ha Secretario/a, un/ha Tesoureiro/a e un mínimo de tres vocais. A mesma integraran-se os Delegados/as Territoriais, cando se teñan creadas as Delegacións, con plenos dereitos. Reunira-se, cando menos seis (6) veces ao longo do ano.
As Xuntas Directivas das Delegacións Territoriais ou Locais, terán as mesmas competencias (no seu ámbito territorial), ca Xunta Directiva Xeral. Sometendo-se as primeiras (Xunta Directiva da Delegación/s Local/les) á Xunta Directiva Xeral, no caso de conflicto ou desacordo.
ARTIGO 37
Para o funcionamento diario poderá constituir-se do seu seo, un Comité Executivo, composto polo Presidente e polo menos dous membros mais.
ARTIGO 38
A Xunta Directiva elexira-se polos mecanismos establecidos nestes Estatutos, por un período de dous anos, sendo posíbel a reelección para os cargos. En caso de ceses de menos da metado dos seus membros, iran-se cubrir ate o final do período. Se fosen maioría os cesantes, convocaran-se eleccións nun máximo prazo de tres (3) meses.
ARTIGO 39
Son atribucións da Xunta Directiva:
1. Representar á Asociación.
2. Dirixir a administración e a execución dos acordos da Asamblea Xeral.
3. Decidir os ingresos de novos socios comunicando-o a Asamblea Xeral para a súa ratificación.
4. Administrar os bens da Asociación, e recadar as cuotas sociais.
5. Confeccionar os presupostos e plans de actividades.
6. Adoptar as medidas necesarias para a defensa dos asociados e da profesión.
7. Impoñer sancións, previo expediente, cando corresponda comunicando a Asamblea Xeral para a resolución final.
8. Creación de Delegacións Territoriais, Comisións e Grupos de Traballo.
9. Informar aos socios das actividades e asuntos do seu interese.
10. Convocar as Asambleas Xerais.
ARTIGO 40
Corresponde ao Presidente da Asociación:
1. Representar á Asociación legalmente.
2. Presidir as Xuntas e Axambleas, así como as Comisións ás que asista.
3. Autorizar coa súa sinatura pagos e documentos.
4. Delegar funcións e atribucións propias.
5. Convocar as Xuntas e Asambleas.
6. Autorizar a apertura de contas bancarias, así como o movemento de fondos, coa proposta do Tesoureiro.
ARTIGO 41
Corresponde ao Vice-Presidente axudar ao Presidente no seu labor, ou o sustituir en caso necesario.
ARTIGO 42
Corresponde ao Secretario:
1. Facer-se cargo de todos os documentos da Asociación, os redactar e custodiar.
2. Supervisar e dirixir a administración da Asociación.
3. Expedir certificados e convocatorias, recibir e enviar a correspondencia.
4. Dar cumprimento aos acordos orgánicos.
5. Convocar as Xuntas e Asambleas por orde do Presidente.
ARTIGO 43
Corresponde ao Tesoureiro:
1. A custodia e distribución dos recursos, efectuar os pagos coa autorización do Presidente.
2. Levar a contabilidade da Asociación, e todos os documentos referentes ao patrimonio.
3. Preparar os proxectos de presupostos e balances das contas.
ARTIGO 44
Os vocais colaborarán en todos os traballos, podendo asumir funcións específicas en comisións, grupos de traballo e outros cometidos, a proposta do Presidente. No caso dos Delegados Territoriais terán como función servir de nexo entre a Xunta Directiva e os asociados.
ARTIGO 45
As comisións e grupos de traballo terán cometidos específicos por sector (municipais, escolares, públicas, provinciais, etc..). Poderán ter caracter permanente ou temporal. Ciraran-se a iniciativa da Xunta Directiva, das Asambleas, Delegacións ou dun núcleo de socios.
ARTIGO 46
As Delegacións Territoriais constituiran-nas as Asambleas Locais (provinciais ou comarcais, etc..), donde exista un número de asociados, e o bon funcionamento o aconselle. Teñen como finalidade a participación de todos os socios, e achegar a Asociación a todos.
ARTIGO 47
As Delegacións estarán constituídas por un Delegado, que terá as mesmas funcións, no ámbito local, atribucións dun Vice-Presidente, mais un Secretario e un Tesoureiro, con iguais atribucións que os seus homónimos da Xunta Directiva. Acatando e subordinando-se sempre aos criterios da Xunta Directiva Xeral da Asociación, ou aos cargos e membros da mesma, no caso de conflicto ou desacordo. Os Delegados serán membros de pleno dereito da Xunta Directiva, en calidade de vocais.
Estes cargos elexiran-se nunha Asamblea Local. Nesta Asamblea estará presente, cando menos, un membro da Xunta Directiva da Asociación, con voz e con voto.
ARTIGO 48
Nas Delegacións poderán, asimesmo, constituir-se comisións e grupos de traballo.
ARTIGO 49
Todos os asociados teñen dereito a elexir e ser electos para todas as responsabilidades, agás os socios intitucionais e de honra.
ARTIGO 50
A Xunta Directiva, polo menos tres meses antes da data fixada para a elección, fará pública a lista de asociados unha copia da mesma poderá ser solicitada polos socios.
ARTIGO 51
Formaran-se mesas electorais na sede central, e nas sedes das Delegacións existentes.
ARTIGO 52
A convocatoria especificará o calendario electoral (data da votación, prazo de presentación de candidaturas etc..), así como as mesas existentes, procedemento da votación, escrutinio e proclamación.
ARTIGO 53
Os asociados poderán votar persoalmente nas mesas electorais, por correo certificado ou por delegación do voto.
ARTIGO 54
A Xunta Directiva enviará ata 30 días antes da elección, unha vez rematado o prazo de presentación das candidaturas, unha papeleta e un sobre a cada asociado onde figuren todas as candidaturas.
ARTIGO 55
Os votantes deberán marcar unha das candidaturas. No caso de non marcar ningunha, será voto válido en branco.
ARTIGO 56
En cada unha das mesas haberá unha lista de asociados, tildando-se o voto dos mesmos no momento de efectuar o voto.
ARTIGO 57
No caso de votos por correo, estes estarán nun sobre pechado, que xa fora enviado pola Xunta Directiva, e que a súa vez virá dentro do sobre que conteña os dados do socio votante, e fotocopia do D.N.I. Terá-se en conta o mataselos coa data, que será ata o día anterior como derradeiro prazo, para que sexa valido.
ARTIGO 58
No caso de votos por delegación, entregados na mesma por un representante, irán en sobre pechado, acompañados por escrito do votante certificando a delegación do voto, e unha fotocopia do D.N.I. que serán entregados ao Presidente da mesa electoral antes de f acer efectivo o voto delegado.
ARTIGO 59
Estes procedementos rexirán para as elección xerais ou locais.
ARTIGO 60
Constituira-se unha Comisión Electoral Central, con un membro de cada mesa, e un representante de cada candidatura.
ARTIGO 61
Nas mesas electorais constituiran-se Comisións Electorais un mes antes da votación, facendo-se pública a súa composición nesa data e todos os socios.
Formarán parte da mesa, ademais dun membro polo menos da Xunta Directiva, no caso de existir, representantes das candidaturas e dous asociados nomeados por a Asamblea (Xeral ou Local respectivamente) Electoral que estean presentes no momento da votación. O número de membros da comisión non excederá de cinco.
ARTIGO 62
Feito o escrutinio pola Comisión Electoral, que poderá ser observado polos asociados, levantara-se un acta, consignando os votos acadados por cada candidato, así como os votos emitidos, brancos e nulos.
ARTIGO 63
Unha copia da acta de cada mesa será remitida, a mais tardar ao día seguinte, a Comisión Electoral Central, que fará o reconto final, e proclamará os resultados, non máis tarde das vintecatro horas seguintes de dar por concluído o escrutinio do voto por correo, que non será antes do sexto día posterior a votación, nin despois do séptimo, comunicando-o persoalmente a cada socio por escrito, ese mesmo día ou ao seguinte como máximo.
ARTIGO 64
A Comisión Electoral Central decidirá nas 24 horas seguintes ao peche definitivo do escrutinio, sobre as dúbidas, alegacións ou calquera outras incidencias, sendo vinculantes as súas decisións.
ARTIGO 65
Por esta orde, proclamaran-se electos Presidente, Vice-Presidente, Secretario, Tesoureiro e Vocais, da candidatura ganadora.
ARTIGO 66
O mesmo criterio utilizara-se para as votacións ás Delegacións Territoriais coas do caso.
ARTIGO 67
Só poderán impugnar-se os resultados electorais coa presentación das sinaturas do 30% dos socios, que permitirán a repetición dos comicios, nun prazo máximo de tres meses a partir da recepción do documento impunador. este presentara-se non máis alá dun mes despois de proclamado o resultado a impugnar.
ARTIGO 68
De non existir impugnacións nin outros inconvenientes graves, a nova Xunta Directiva, constituira-se no mes seguinte ao día da proclamación. Durante este proceso electoral quedará en funcións a Xunta Directiva saínte.
ARTIGO 69
Os Delegados Territoriais, integraran-se na Xunta Directiva no mesmo momento da súa elección polas Asambleas Locais, con todos os dereitos dun directivo.
ARTIGO 70
Os secretarios das Comisións e Grupos de Traballo poderán participar nas reunións da Xunta Directiva cando nas mesmas se traten asuntos relacionados cos devanditos órganos, con voz, pero sen voto.
VI. REXIME ECONOMICO, XURIDICO E DISCIPLINARIO
ARTIGO 71
A Asociación ten plena capacidade xurídica, no económico, patrimonial e administrativo para o cumplimento dos seus obxectivos.
ARTIGO 72
Serán recursos económicos da Asociación:
1. As cuotas sociais, ordinarias e extraordinarias, fixadas pola Asamblea Xeral.
2. Os ingresos procedentes de publicacións, servicios prestados, e calesqueira outras actividades propias.
3. Outros ingresos extraordinarios, incluídas subvencións, donacións, esponsorizacións, etc., e todas as que non poideran influír na independencia da Asociación.
4. Os rendimentos dos bens e dereitos.
ARTIGO 73
No caso de disolución, establecera-se unha Comisión Liquidadora. Os bens remanentes adxudicaran-se ao Organismo que sustitua á Asociación, ou a Entidades Públicas relacionadas coas Bibliotecas. esta disolución necesitará da maioría absoluta dunha Asamblea Xeral Extraordinaria.
ARTIGO 74
Os acordos e resolucións da Asociación son inmediatamente executivos, pero poderán suspender-se a petición de parte ou de oficio, mentras se decide sobre a posible impugnación.
ARTIGO 75
Os actos, resolucións ou acordos poderán recurrise, dentro do mes seguinte a ser comunicados, tendo a Xunta Directiva o prazo de 30 días naturais para resolver o conflicto. No caso denegatorio, sómente poderán presentar-se recursos na seguinte Asamblea Xeral, que dictará resolución definitiva.
ARTIGO 76
A reforma destes Estatutos, sómente se poderá facer nunha Asamblea Xeral Extraordinaaria, convocada ao efecto, incluídos os recibidos por correo, ou delegados.
ARTIGO 77
Existirá un réxime disciplinario interno. Clasificaran-se as faltas en leves, graves ou moi graves, elaborando a relación de ditas faltas, unha comisión encarregada ao propósito e aprobadas na seguinte Asamblea Xeral.
ARTIGO 78
A Asociación poderá contratar os servicios de persoas ou entidades para resolver labores técnicas, administrativos, de asesoramento, ou outros considerados de interese.
ARTIGO 79
O período de mandato da Xunta Directiva, unha vez elexida a mesma, será de dous anos naturais.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
A Xunta Xestora, que levará todos os asuntos da Asociación mentras non se aproben estes Estatutos e sae elexida a primeira Xunta Directiva nunha Asamblea Xeral, cesará no momento da constitución da mesma.
|
|