Artículo: ABG ENTREVISTA-SE CO BNG
O vindeiro sábado 15 de maio, mesmo en vísperas das Letras Galegas, o BNG, recibe no Parlamento de Galiza a ABG para tratar sobre a situación do Sistema Bibliotecário Galego.
Trata-se dunha primeira entrevista informal, a modo de toma de contacto. Por parte do BNG estarán presentes o Deputado d. Eduardo Gutierrez e máis o voceiro do BNG no Consello de Bibliotecas da Xunta de Galiza D. Vicenzo Freire. Pola nosa Asociación acudiran o Vice-Presidente da Executiva Nacional D. Xosé Lois Navaza e máis D. Mar Novoa da Delegación Territorial de Ferrolterra - Coruña Norte.
A mesma acudirán outros ponentes relacionados coa profesión, mesmo de Bibliotecas Universitarias, Municipais e Provinciais.
Esta xuntanza a incorporamos -aínda que a iniciativa partira do próprio BNG, neste caso- a iniciativa de sensibilización que mantén a Asociación sobre a problemática do mundo bibliotecário, e que nos levou a solicitar entrevistas con todos os Grupos Parlamentários. En breves datas terá lugar a xuntanza co PSG-PSOE, estando á espera de contestación polo PP.
|
|