Artículo: MESA POLO LIBRO
Como xa sabedes pola prensa, o pasado 9 de Xuño constituiuse en Santiago a Mesa polo Libro, formada por 30 vocais (15 representando a institucións do sector:editores, libreiros, bibliotecarios, escritores, etc.)e 15 a nivel persoal. Á fronte da mesma os Concelleiros de Cultura e Educación e a Directora Xeral de Cultura.
Formaranse 3 comisións: 1.O libro como industria (tentará conquerir para o libro a declaración de sector estratéxico);2.As bibliotecas(estudiará unha reforma da Lei de bibliotecas);3.O libro e a lectura(elaborará unha Lei do Libro).
As mesmas reuniranse durante todo o ano, coas aportacións dos sectores, para presentar proxectos,analises e conclusións.
Trátase de que todos aportemos o que vexamos como interesante nestes campos. Por favor, facelo a través desta páxina, ou por correo ordinario ó noso Apartado 420, de Ferrol.
Na vindeira xuntanza falaremos máis amplamente. Agardamos as vosas aportacións.
|
|